Piscina

Escola de Natación Infantil

O obxectivo da nosa escola non é o simple feito da supervivencia na auga, senón a adquisición dunhas habilidades acuáticas que permitirán ao neno ou nena, por unha banda, desenvolverse no medio acuático e, por outra, utilizar a natación como actividade á hora de adquirir hábitos de vida saudables no futuro.

E para lograr este obxectivo ofrecemos:
Profesionais preparados

O noso grupo de profesionais é capaz de atender todas as especialidades, con gran capacidade de resposta ante calquera situación, porque nos preocupamos de que estean formados na teoría e sobre todo na práctica.

Grupos reducidos

O ratio profesor/alumno é reducido para que a progresión metodolóxica poida ser o máis adaptada posible as individualidades.

Instalacións adecuadas

A instalación é parte fundamental da dinámica da nosa escola. A nosa instalación está perfectamente concibida para a aprendizaxe da natación e para o desenvolvemento de todo tipo de especialidades no medio acuático.


Niveis

Peixe (Entre 4 e 6 anos)

Desenvolverse e gozar do medio acuático tanto na entrada ao vaso, na superficie e polo fondo (mergullo).

PEIXE I (INICIACIÓN)

Esta etapa é a que traballamos os obxectivos da familiarización, a flotación con materiais, a respiración estática (soplidos) e dinámica sempre a través de xogos e de actividades lúdicas.

PEIXE II (PERFECCIONAMENTO)

Respiración dinámica e empezamos as propulsións en superficie e polo fondo. Comezan a autonomía na flotación.

PEIXE III

A piscina vaso de ensino. Impulsións de brazos e/ou pernas máis eficientes, autonomía nos desprazamentos sen axuda de material de aprendizaxe.

Balea (Entre 7 e 9 anos)

BALEA I

Familiarización, flotación con materiais, respiración estática e dinámica a través de actividades lúdicas. Exercicios segmentarios de aprendizaxe, diferenciación de movementos entre pernas e brazos.


BALEA II

Conseguimos dominar o tres estilos, xiros e zambullidas de cabeza. Ademais, iniciamos a bolboreta.

Quenlla (Entre 10 e 12 anos)

Coñecer e mellorar a técnica dos catro estilos, desenvolverse no medio acuático en calquera situación. Tamén iniciamos outros deportes acuáticos.


Outras Actividades

MATRO

Actividade acuática para embarazadas. Realizan exercicios para manterse en forma respectando as limitacións que poidan ter as futuras mamás neste período.

AQUATERA

Ou recuperación funcional. Son actividades de recuperación e mellora de lesións dentro da piscina para persoas de todas as idades.

AQUA

I, II ou AQUATEC sería a escola de natación para maiores de 18 anos. O nivel I sería o nivel de iniciación, o II nivel Medio e AQUATEC perfeccionamento.